silicose

silicose

(< silic- + -ose)

s f [PAT]

Pneumoconiose causada pola inhalación de pos de sílice que produce un depósito de óxido de silicio nos pulmóns. Caracterízase pola aparición de cambios xeneralizados de tipo fibrótico-nodular visibles radioloxicamente e non ten tratamento específico, polo que é moi importante a súa prevención.