Sillon, Le
Sillon, Le
Movemento político e social francés, de inspiración cristiá, froito da fusión (1899) do movemento creado por Marc Sangnier arredor do Bulletin de la Crypte (1893) e do grupo que publicaba Le Sillon (1894). Defendía a participación dos católicos na acción política, nun sentido demócrata e pluralista. Como consecuencia da condena de Pío X (1910), efectuada nun contexto de loita antimodernista, disolveuse.