silva
(< lat silva ‘selva’)
-
[PLANTA]
-
s
f
Planta arbustiva rubideira e espiñenta, de ata 3 m de altura, coas follas imparimpinnadas, de marxe serrada, sen pelos pola face e tomentosas polo envés, flores pentámeras brancas ou rosas e froito con numerosas drupas agrupadas, negro cando está maduro e vermello cando está verde. Florece entre maio e novembro, mentres que o froito, comestible, pode recollerse entre agosto e setembro. O froito utilízase para facer marmeladas ou xaropes e as follas en infusión teñen propiedades astrinxentes, diuréticas e fortalecen as enxivas. Atópase nas beiras dos camiños e ao pé dos muros e cercas, en lugares frescos, húmidos e luminosos. Son plantas que se atopan distribuídas por toda Europa e en toda Galicia.
Sinónimos: silveira. -
silva macho [Rosa canina, Fam das rosáceas]
Planta arbustiva caducifolia, de ata 5 m de altura, con talos espiñentos, follas de bordo aserrado e sen pelos, flores pentámeras e brancas ou rosadas, dispostas en corimbo ou solitarias, e froito carnoso, vermello e globoso. Florece entre maio e xullo en case toda Galicia. Distribúese por toda Europa e está moi estendida pola Península Ibérica.
-
s
f
-
s
f
[PROTISTA]
Alga vermella rodófita, de ata 7 cm de lonxitude, de cor rosada e co talo cuberto de carbonato cálcico. Está presente nas costas galegas na zona mesolitoral, entre os rochedos. É apreciada polo seu valor fronte ás gastrites e como antidiarreico.
Sinónimos: uces. -
s
f
[LIT]
Forma poética constituída por series continuadas de versos sen estrutura estrófica determinada. Na silva clásica da Idade de Ouro os versos son hendecasílabos e heptasílabos, e a rima consonante. A silva modernista introduciu medidas de versos e a rima asonante.