símbolo

símbolo

(< lat symbŏlu < grσύμβολον)

  1. s m

    Aquilo que representa unha cousa por analoxía ou convenio.

  2. s m

    Letra, signo ou conxunto deles que se empregan para representar unha magnitude, unha cantidade, unha unidade de medida ou diferentes operacións.

  3. s m [FILOS]

    Expresión verbal ou escrita definida por unhas normas determinadas que se emprega para significar obxectos ou relacións.

  4. símbolo de fe [RELIX]

    Fórmula concisa da fe cristiá tal e como foi expresada polas igrexas primitivas, que era antigamente un signo de recoñecemento entre cristiáns. Foi parte integrante da liturxia (traditio symboli), para ser aprendido e recitado ante o bispo (redditio symboli). A liturxia mantivo o símbolo dos apóstolos (“Creo nun Deus”), o símbolo niceno-constantinopolitano (352-381), coñecido só na misa (credo); e o símbolo de san Atanasio ou Quicumque, que a partir do s X entrou no oficio divino, que se mantivo entre os anglicanos e que caeu en desuso entre os católicos desde a supresión da hora de prima en 1963.

  5. símbolo químico [QUÍM]

    Letra ou conxunto de letras que se empregan para representar os elementos químicos.

Palabras veciñas

simbolista | simbolización | simbolizar | símbolo | simbolo | simboloxía | simbranquiforme