simetría

simetría

(

  1. s f

    Correspondencia de dimensións, forma e posición, respecto a un punto, unha liña ou un plano, dos diferentes elementos dun ou varios conxuntos entre eles.

  2. s f [ZOOL]
    1. Disposición repetitiva dos diferentes órganos ou partes do corpo dun animal con relación a un plano ou planos imaxinarios. Nos animais asimétricos non é posible atopar ningún plano ou planos que permitan dividir o corpo do animal en partes iguais. Nos de simetría bilateral pódese partir o corpo do animal segundo un plano saxital orientado en sentido vertical que separa o corpo aproximadamente en dúas metades, dereita e esquerda. Nos de simetría radiada é posible dividir o animal un número indeterminado de veces a partir de planos que parten do punto central do animal. Tamén se pode considerar a simetría metamérica, na que o animal está formado pola repetición dunha serie de elementos semellantes (metámeros) que están situados un tras outro.

    2. Igualdade ou analoxía entre dous órganos que compoñen un, ou entre dúas partes que forman unha.

  3. [XEOL]
    1. s f

      Propiedade que posúen as estruturas cristalinas que se poden superpoñer a si mesmas con varias orientacións diferentes.

    2. simetría macroscópica/externa

      Grupo de elementos de simetría que se atopan nun punto. Nesta simetría só interveñen os elementos de simetría: centro, planos de reflexión e eixes de rotación, simples ou reflectidos.

    3. simetría microscópi-ca/interna

      Distribución ordenada das partículas materiais dun edificio cristalino que se caracteriza por un conxunto de elementos de simetría distribuídos internamente de forma periódica.

  4. [MAT]
    1. s f

      Configuración dun obxecto que é invariante para determinados movementos xeométricos. No concepto de simetría estúdanse modernamente todos os movementos xeométricos do plano e do espazo.

    2. simetría axial

      Transformación que para todo punto P asigna outro P’, de xeito que a recta PP’ é perpendicular a unha recta dada (denominada eixe de simetría) e as distancias de P ao eixe e de P’ ao eixe son iguais.

    3. simetría central

      Rotación de 180°C respecto a un punto, denominado centro de simetría.

    4. simetría especular

      Transformación que para todo punto P asigna outro P’, de xeito que a recta PP’ é perpendicular a un plano dado (denominado plano de simetría) e as distancias de P ao plano e de P’ ao plano son iguais.