simpatía

simpatía

(< lat simpathĭa < grσυμπάθεια ‘comunidade desentimentos’)

  1. s f

    Inclinación instintiva que atrae a unha persoa cara a outra persoa ou cousa.

  2. s f

    Maneira de ser e carácter dunha persoa que a fan atractiva ou agradable ante as outras.

  3. s f [FILOS]

    Sentimento ou estado afectivo que consiste en participar nos estados afectivos dos outros, ben sexa por un fenómeno de contaxio espontáneo ou por un acto de atención reflexiva. Os filósofos ingleses da teoría do sentido moral basearon o acto moral nun razoamento de analoxía do que senten os outros a partir do que un sente.

  4. s f [MED]

    Influencia morbosa que se produce nun órgano ou nunha parte por enfermidade ou alteración doutro.

  5. s f [FÍS]

    Fenómeno en virtude do que un corpo ou sistema reproduce o comportamento doutro.