simple
simple
(< lat simplĭce)
-
-
adx
Que non ten partes e está constituído por un único elemento.
-
adx e s
Aplícase á substancia ou materia que non está elaborada ou que non contén outras na súa composición.
-
adx
-
adx
Que é fácil de comprender ou solucionar.
-
adx
Que carece de elementos artificiosos ou ornamentos.
-
adx
Que só é o que o substantivo expresa.
Ex: É un simple empregado.
-
adx e s
Que ou quen carece de malicia e é fácil de enganar.
Ex: É un simple e enganárono. OBS: Nalgúns casos pode adquirir valor despectivo. Ex: Sae de aí que ti es un simple e non entendes nada.
-
adx e s
Que ou quen se comporta con humildade e non fai ostentación das calidades que posúe.
-
adx
[BOT]
Que non está ramificado.