Simpson, fórmula de

Simpson, fórmula de
  1. [MAT]

    Método gráfico de determinación da área que está comprendida entre unha curva e o eixe, e que se aplica para a determinación do volume existente entre unha superficie curva e un plano. Foi inventado polo matemático inglés Thomas Simpson e emprégase para o cálculo do arqueo dos buques.

  2. [MAT]

    Método para aproximar a área limitada por unha curva y = f(x), o eixe OX e dúas rectas paralelas x = a e x = b. O método supón que os pequenos arcos da curva son aproximables mediante arcos de parábola que pasan polo punto medio e polos puntos terminais do arco considerado. Este método pode empregarse para aproximar calquera integral definida.