Sinaloa

Sinaloa

Estado de México situado na costa do Pacífico que limita ao N co estado de Sonora, ao L cos de Chihuahua e Durango, ao S co de Nayarit e ao O co Pacífico (58.328 km2; 2.536.844 h [2000]). A súa capital é Culiacán. É unha franxa alongada que se sitúa entre Sierra Madre Occidental e a costa, constituída por unha chaira aluvial cuaternaria. A poboación, de tipo rural, aséntase xunto aos ríos e á costa. Os principais cultivos son algodón, avea, azucre, millo, cacahuetes e trigo. A súa riqueza máis importante é a minaría, pouco explotada, e a gandaría.

Palabras veciñas

sinalización | sinalizar | Sinaloa | Sinaloa | sinalxia | Sinan | sinandro -dra