sinapse

sinapse

(< grσύναψις ‘unión, enlace’)

  1. s f [FISIOL]

    Rexión que está situada entre o axón dunha neurona e as dendritas da seguinte que permite a transmisión de impulsos nerviosos nun único sentido. A transmisión do impulso nervioso dunha neurona a outra (sinapse nerviosa) ou dunha neurona motora a unha célula muscular (sinapse neuromuscular) implica a liberación por parte das neuronas de determinadas substancias químicas (neurotransmisores) que se unen aos receptores das neuronas seguintes desencadeando o impulso nervioso.

  2. s f [XEN]

    Emparellamento de dous cromosomas homólogos que se produce durante a profase meiótica.

    Sinónimos: sindese.