sincrotrón
sincrotrón
(< forma reducida desincrociclotrón)
s
m
[FÍS]
Acelerador de partículas circular que ten como principio de funcionamento o dun betatrón ao que se lle engaden as vantaxes do principio de funcionamento do ciclotrón, é dicir, a inclusión dun campo eléctrico de alta frecuencia. O sincrotrón dispón dun acelerador de Van der Graaff como sistema de inxección das partículas que se queren acelerar e hainos de dúas clases, o sincrotrón de electróns e o sincrotrón de protóns.