sinérese
sinérese
(< lat sinaerĕse < grσυναίρεσις)
-
s
f
[LIT]
Fenómeno fonético que consiste na pronuncia nunha soa sílaba de dúas vogais situadas no interior dunha palabra e que pola súa natureza non forman ditongo; emprégase como licenza métrica.
Confrontacións: sinicese. -
s
f
[QUÍM]
Separación espontánea dun sistema coloidal homoxéneo en dúas fases, constituída unha delas por un xel coherente e a outra por unha solución diluída cunha composición que depende do sistema inicial. Na sinérese diminúese o volume do xel, pero sen variación neta do volume do sistema e é un proceso reversible sempre que as partículas coloidais non se coagulen excesivamente tras a súa formación.