sínfilo -la
sínfilo -la
(< lat científico Symphylam, xénero de animais)
-
adx
Relativo ou pertencente aos sínfilos.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Miriápodo da clase dos sínfilos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM]
Clase de miriápodos co corpo fráxil, pequeno, de entre 1 e 8 mm de lonxitude, e de cor branca pálida ou incolora. Teñen a cabeza con dous pares de maxilares cun par de espiráculos e sen ollos. O seu aspecto e costumes son semellantes aos do cempés e habitan en solos húmidos, baixo as pedras e entre detritos de toda clase, dos que se alimentan.