Sinn Féin
Movemento nacionalista irlandés fundado en 1902 por Arthur Griffith, baixo o lema de Nós ou Nós mesmos. Concibido inicialmente como un partido monárquico e separatista que loitaba pola independencia de Irlanda con respecto a Reino Unido, en 1921 virou os obxectivos da súa loita co fin de conseguir a unificación das dúas Irlandas (Irlanda e Irlanda do Norte), despois de que Reino Unido recoñecera, en 1921, o Irish Free State. Para iso empregou unha política de axitación e violencia apoiada polo IRA, que culminou nun estado de guerra civil (1922-1923). Eamon De Valera separouse del para formar o Fianna Fáil (1926) e en 1970 dividiuse en dous grupos: oficiais (socialistas) e provisionais (nacionalistas radicais), que desde 1981 participaron no proceso electoral irlandés. A partir de entón converteuse no principal partido nacionalista de Irlanda do Norte. Conta con representación no Parlamento Europeo, desde as eleccións de 2004.