Sippar

Sippar

Antiga cidade sumeria de Mesopotamia, situada na beira oriental do Éufrates, 32 km ao S de Bagdad (a actual Abū Habbah). Documentada desde os tempos de Sargón I (s XXIV a C), o seu sucesor Narām-Sin construíu un templo a Šamaš, que restauraron Hammurabi (s XVIII a C) e o rei cassita Kurigalzu II (1351-1327 a C). Conquistada polo elamita Kutir-Na))unte (1174 a C) e por Teglatfalassar I (1125 a C), foi reconstruída e aumentada por Nabu-apal-iddina (880? a C), por Šamaš-šumi-ukin (668-648 a C), irmán de Assurbanipal, e polos soberanos da dinastía neobabilónica ou caldea. Conquistada polos persas (539 a C), entrou en decadencia. Nas súas escavacións apareceron un cigurat, os tempos de Šamaš e da deusa Anunitum, e máis de 40.000 táboas cuneiformes.

Palabras veciñas

sipaio | Siparia | Siping | Sippar | sippe* | Sipple, síndrome de | sipuncúlido -da