Siquem

Siquem

Antiga cidade do país de Canaán, entre as montañas do Ebal e o Garizim, situada uns 3 km ao L da actual Nābulus. Coñecida xa no segundo milenio a C como capital dun pequeno estado, a tradición fíxoa lugar de paso do patriarca Xacob e da renovación da Alianza durante o establecemento dos israelitas na Terra Prometida. Centro do Reino do Norte despois da morte de Salomón (931 a C), foi destruída polos asirios (724 a C).