sistema

sistema

(

    1. s m

      Conxunto de elementos materiais, relacionados entre eles ou interdependentes, que constitúen un todo orgánico, suxeito xeralmente a determinadas leis.

    2. s m [ANAT/FISIOL]

      Conxunto de órganos, de orixe embrionario xeralmente común, especializados en levar a termo unha función determinada e constituído fundamentalmente por un só tecido. Entre os sistemas máis importantes cóntanse o sistema nervioso, o hematopoético, o retículo-endotelial e o linfático.

    3. s m [ASTRON]

      Conxunto de corpos celestes que pertencen a un único complexo orgánico constituído, como é o caso do sistema solar.

    4. s m [BIOL]

      Estrutura celular que leva a cabo unha función determinada.

    5. s m [QUÍM/FÍS]

      Parte do universo, delimitada por unhas paredes, reais ou imaxinarias, que gozan de certas propiedades, que se illa, artificialmente, para sometela a estudo.

    6. sistema de Fórnax [ASTRON]

      Galaxia elíptica que pertence ao sistema local de galaxias e que se afasta da galaxia á que pertence o Sol a unha velocidade de 40 km/s. A súa magnitude aparente é de 9,1, mentres que a magnitude absoluta é de -11,9. Está rodeada por unha serie de cúmulos globulares.

    7. sistema local [ASTRON]

      Grupo galáctico ao que pertencen a Vía Láctea, a nebulosa de Andrómeda, a do Triángulo e outras galaxias menores.

    8. sistema termodinámico [FÍS]

      Parte do universo illada mental ou fisicamente do resto, que se considera para estudar o intercambio de materia e enerxía entre ela e o resto do universo. Cando o estado do sistema non evoluciona no transcurso do tempo, dáse un estado de equilibrio termodinámico, caracterizado polos valores que toman as funcións de estado do sistema.

    1. s m

      Conxunto de elementos estruturais, instrumentos ou mecanismos reunidos nun complexo orgánico destinado a realizar determinadas operacións, principalmente con fins técnicos ou científicos.

    2. sistema binario de raios X [ASTRON]

      Sistema constituído por unha parella de estrelas que xiran arredor dun centro de gravidade común, a moi pouca distancia a unha da outra, e que se caracterizan por presentar unha forte emisión na rexión do espectro dos raios X. Detectáronse máis de 100 sistemas deste tipo. Uns 30 presentan un réxime de emisión de raios X en que aparecen unhas pulsacións breves e intensas que ás veces se repiten periodicamente. Os exemplares que pertencen a este subtipo especial denomínanse eruptores ou tamén fontes intermitentes de raios X. Suponse que son sistemas dobres, constituídos por unha estrela da secuencia principal e unha estrela de neutróns, separados por unha distancia tan pequena que o forte campo gravitatorio do astro colapsado atrae cara a ela a materia das capas exteriores da estrela normal e precipítana sobre a súa superficie.

    3. sistema de forzas [FÍS]

      Conxunto de forzas aplicadas a un sistema material. Se F 1 , F 2 ,..., F n son as forzas aplicadas, o sistema caracterízase pola súa resultante, R = nÓi=1 F 1 , e polo seu momento resultante respecto a un punto arbitrario O, que vén definido por M <J>O</J> = nÓi=1 M iO, onde M iO é o momento respecto a O da forza F i .

    4. sistema de referencia [FÍS]

      Conxunto dun sistema de coordenadas espaciais e un reloxo, cos que un observador pode caracterizar cada suceso polas súas coordenadas (x, y, z) e polo instante t en que sucede.

    5. sistema de unidades [METROL]

      Conxunto coherente de unidades de medida. Todo sistema de unidades escolle unhas unidades fundamentais ou básicas, e todas as demais son unidades derivadas. Cabe salientar os sistemas CGS, Giorgi ou MKSA (baseado na mecánica MKS), que deu lugar ao sistema internacional (SI), e o técnico ou práctico. Todos estes teñen a súa orixe no sistema métrico decimal, mais perviviu algún non decimal, como o sistema anglosaxón (sistema pé, libra, segundo).

    6. sistema internacional [SI] [METROL]

      Sistema de unidades baseado no sistema Giorgi, que ten como unidades fundamentais as catro do sistema MKSA, ademáis do kelvin (K) para as temperaturas, o mol para a cantidade de materia e a candela (cd) para a intensidade luminosa. Foi proposta internacionalmente en 1960 pola II Conférence Générale de Poids et Mesures, mais xa fora adoptado con anterioridade (1954).

    7. sistema métrico/métrico decimal [METROL]

      Sistema decimal de unidades baseado no metro e no quilogramo. Foi propugnado por Francia en 1791 para unificar os diferentes sistemas de medida existentes. Os múltiplos e submúltiplos de cada unidade son potencias de 10, cousa que facilita os cambios de escala dunha medida, dado que a numeración corrente é decimal.

    8. sistema técnico/práctico [METROL]

      Sistema de unidades que toma como magnitudes fundamentais a lonxitude, a forza e o tempo, e, como unidades respectivas, o metro, o quilogramo-forza ou quilopondio e o segundo. Vai sendo substituído polo sistema SI.

    1. s m

      Conxunto de elementos, máis ou menos abstractos, coordinados entre si, aínda que non necesariamente dependentes os uns dos outros.

    2. s m [LING]

      Conxunto de elementos lingüísticos solidarios entre si. Hai sistemas pechados ou limitados (fonemas, preposicións) e abertos ou ilimitados (nomes, adxectivos, verbos), segundo a modificación no número de elementos comporte ou non un reaxustamento necesario no resto. A lingua mesma considérase un sistema de sistemas, xa que tamén hai unha relación característica entre todos os sistemas particulares. O termo equivale en certo modo, na lingüística de F. de Saussure, ao concepto de lingua (na dicotomía lingua/fala). Posteriormente E. Coseriu propuxo a distinción tripartita de sistema, norma e fala, e aquí o termo representa un aspecto máis funcional que a lingua de Saussure.

    3. s m [MAT]

      Conxunto de cantidades ou obxectos que teñen algunha propiedade común.

    4. s m [MAT]

      Conxunto de principios que teñen un obxectivo central.

    5. s m [MAT]

      familia.

    6. s m [MÚS]

      Ordenación tonal ou de acordes en que se basea unha obra musical ou a música folclórica dun pobo.

    7. sistema de logaritmos [MAT]

      Conxunto de logaritmos nunha base dada, recollidos nunha táboa para facilitar o seu uso. Empréganse o sistema decimal ou de Briggs, que usa base 10, e o sistema natural, de base e.

    8. sistema de numeración [MAT]

      Calquera sistema empregado para expresar números.

    9. sistema estocástico / [FÍS/MAT]

      Sistema cuxo comportamento obedece a variables aleatorias.

    10. sistema libre de vectores [MAT]

      Sistema non ligado de vectores, formado consecuentemente por unha familia de vectores linealmente independentes.

    11. sistema ligado de vectores [MAT]

      Calquera conxunto de vectores linealmente dependentes.

    12. sistema lineal/de ecuacións lineais [MAT]

      Conxunto de ecuacións lineais das que interesan as solucións comúns. Un sistema deste tipo denomínase compatible se admite solución e incompatible no caso contrario. Un sistema compatible é determinado se a solución é única e indeterminado se, pola contra, hai infinitas solucións. Os sistemas de ecuacións lineais


      FORMULA



      denomínanse non homoxéneos se os termos independentes b1, bm non son todos nulos, e homoxéneos no caso contrario. A regra de Cramer permite, mediante o uso dos determinantes, resolver sistemas compatibles de ecuacións lineais. Así, o sistema de 3 ecuacións con 3 incógnitas

    1. s m

      Conxunto de principios ou regras sobre unha materia, enlazados dunha maneira racional, segundo un método determinado.

    2. s m [BIOL]

      Ordenación xerarquizada, segundo os principios lóxicos, dos seres naturais, que permite constituír un compendio metódico da natureza. O sistema sempre é artificial porque constitúe o resultado do pensamento do home que ordena os seres conforme distintos métodos. O sistema artificial consiste en clasificar as formas segundo certo carácter ou conxunto de caracteres fáciles de identificar. O máis coñecido destes sistemas é o establecido por Linné en 1737, baseado na sexualidade dos vexetais. O sistema natural segue o método baseado nas afinidades naturais dos organismos, dependentes, non soamente duns cantos caracteres, senón de toda a súa organización. Darwin (1859) impulsou estas ideas, intentando demostrar a variabilidade das especies e rexeitando a teoría fixista que defendía Linné.

    3. s m [FILOS]

      Exposición doutrinal racional e loxicamente ordenada, cuxas partes están rigorosa e estritamente vinculadas e conxugadas entre elas, de xeito que se pode considerar como un todo acabado, independente e autosuficiente, que pretende dar razón de toda a realidade.

    4. sistema económico [ECON]

      Conxunto coherente de relacións, regras e institucións que caracterizan o funcionamento económico dun país e que dan conta das medidas que se precisan tomar para acadar os obxectivos prefixados. Pódese definir como unha estrutura coa suficiente autonomía para autoorganizarse ata nos aspectos máis fundamentais.

    1. s m

      Método, procedemento, conxunto de operacións que se deben seguir con vistas a un fin determinado.

    2. sistema educativo [EDUC]

      Organización dos diversos niveis de ensino que estruturan o aparello educativo dun país.

  1. s m [ESTRATIG/XEOL]

    Unidade cronostratigráfica de xerarquía inferior ao eratema e superior á serie. Correspóndelle a unidade xeográfica denominada período.

  2. [ECOL]
    1. sistema bentónico

      Medio que está constituído polos fondos do mar e as costas. Inclúe tres subsistemas: sistema litoral, sistema sublitoral e sistema de alta mar.

    2. sistema de alta mar

      Fondos acuáticos por debaixo da plataforma continental.

    3. sistema litoral

      Fondos acuáticos próximos á ribeira con pouca profundidade e moita luz.

    4. sistema nerítico

      Parte do sistema peláxico que inclúe as augas pouco fondas que se atopan por riba da plataforma continental.

    5. sistema oceánico

      Parte do sistema peláxico que inclúe as augas profundas máis alá do bordo continental.

    6. sistema peláxico

      Conxunto de augas que forman os mares e océanos. Pode subdividirse en sistema nerítico e sistema oceánico.

    7. sistema sublitoral

      Fondos pouco profundos que ocupan desde as partes baixas da beira ata o bordo da plataforma continental.

  3. sistema operativo [INFORM]

    Conxunto dos diferentes programas que controlan o funcionamento dun ordenador. Serve para xestionar as transferencias de información internas, procurar a comunicación do ordenador cos operadores, controlar a execución dos programas coa detección dos erros, encadear automaticamente as ferramentas, optimizar os recursos (memoria, unidade aritmética, etc) ou cargar e descargar automaticamente os programas en función do espazo de memoria e dos diferentes periféricos. O sistema operativo utilizado habitualmente nos microordenadores do tipo PC é o de DOS. Hai outros sistemas operativos máis perfeccionados ca o DOS, entre os que destacan o Windows, o OS/2 -proposto por IBM- e o sistema UNIX. Os ordenadores Macintosh utilizan un sistema operativo propio, o MAC OS.