síux
síux
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo síux ou á súa lingua.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo síux.
-
s
m pl
[ETN]
Grupo de pobos amerindios das chairas do N de América, integrado por tres grupos principais; un deles ocupaba a beira esquerda do Mississippi, outro o L dos Apalaches en Virxinia e as Carolinas, e outro o baixo Mississippi. Lugar de paso obrigado cara ao O, a súa situación provocou conflitos graves cos colonizadores, como os de 1862, 1868 e 1870, en que o exército americano comandado por G. A. Custer foi completamente derrotado en Little Big Horn. Estiveron recluídos desde 1890 nas reservas de Minnesota, Montana, Nebraska e Dakota.
-
s
m
[LING]
Grupo de linguas do phylum amerindio faladas polos pobos síux. Inclúe entre outras o cherokee, o crow e o dakota.