Soandres, San Pedro de
Soandres, San Pedro de
Antigo mosteiro beneditino situado na Laracha. Documentado no s X, en 1500 o Papa Alexandre VI anexouno ao de San Martiño Pinario. Consérvase a igrexa, convertida en parroquial. Ten planta basilical de tres naves, dividida en catro tramos e cuberta con bóveda de canón, e tres ábsidas poligonais. A ábsida central é pentagonal ao exterior e está cuberta cunha bóveda de abano; accédese a ela por un arco apuntado apoiado en semicolumnas pegadas. O testeiro e as ábsidas pertencen a unha construción do s XIV.