Sobre Carreira, pazo de
Sobre Carreira, pazo de
Construción situada en Sigrás (Cambre). Presenta un patio á entrada, ao fondo do que se alza o pazo. Realizouse con cantaría de granito e cachotaría e ten planta rectangular. Destaca a fachada cun balcón de ferro forxado. Na parte posterior ten un pequeno xardín cunha fonte e unha horta adicada a árbores froiteiras cun bosque de piñeiros. O conxunto completouse cunha igrexa e cunha zona de labradío que engloba o castro de Sigrás.