sobrealimentación
(
-
s
f
[ALIM]
Alimentación superior á necesaria para unha correcta manutención.
-
s
f
[MED]
Alimentación superior á necesaria para reparar déficits ou perdas de nutrientes e repoñer as calorías consumidas, en que se empregan alimentos que en pouco volume achegan os compoñentes necesarios.
-
s
f
[TECNOL]
Introdución no cilindro ou nos cilindros dun motor de combustión interna, dunha cantidade de fluído superior á que o motor é capaz de aspirar naturalmente, co fin de alcanzar unha determinada presión de alimentación, que descendeu a causa de determinadas condicións de funcionamento do motor, ou ben co fin de aumentar a potencia por unidade de cilindradas. Nos motores de aviación, a sobrealimentación permite manter a potencia do motor a pesar da diminución da presión atmosférica e a densidade do aire. Nos automóbiles, a sobrealimentación permite obter o máximo de potencia por unidade de cilindrada.