sobrepeliz
sobrepeliz
(< lat superpellicĭu< lat super ‘sobre’ + pellicĭu ‘vestimenta de pel’)
s
f
[RELIX]
Ornamento litúrxico de liño branco con mangas moi amplas, máis curto ca a alba, que visten os cregos e ministros inferiores ou os capeláns sobre a sotana como hábito de corazón e noutros servizos do culto como procesións ou enterramentos.