sociniamismo
sociniamismo
s
m
[FILOS/RELIX]
Movemento ideolóxico-relixioso elaborado por Fausto Socino. Baseado nas tradicións do humanismo e da filosofía italiana do Renacemento, nel conflúen o antitrinitarismo de Miguel Servet, o anabaptismo e unha interpretación racionalista do cristianismo. Nega os sacramentos e considera que a salvación non vén do sacrificio de Xesús Cristo aceptado polo Pai, senón da imitación de Xesús polo esforzo ético, feito que garante a resurrección dos homes que imiten a súa vida.