Sogecable SA
Sogecable SA
[COMUN]
Sociedade de xestión de televisión de pago creada en 1989 polo Grupo PRISA. Pioneira na introdución en España da televisión dixital, tivo a súa matriz en Canal Plus e Canal Satélite. En xuño de 1996 a sociedade pasou a denominarse Sogecable e, ao ano seguinte, lanzou a primeira plataforma de televisión vía satélite, Canal Satélite Digital (31 de xaneiro de 1997). Fusionada con outra plataforma dixital Vía Digital (2002), en xullo de 2003 comezaron as emisións da unión de ambas, Digital +. Grupo líder da televisión de pago en España (2002), xestiona produción, distribución e exhibición cinematográfica.