Sokol
Sokol
Asociación ximnástica fundada por Miroslav Tyrs e Jindřich Fügner en Praga (1862) con fins patrióticos, cívicos e educativos. Outras semellantes foron creadas en Bohemia e Moravia, e durante a Primeira Guerra Mundial foron un foco de resistencia nacional. Disolvéronse despois da toma do poder polos comunistas en Checoslovaquia (1948).