Solaina de Piloño, Fundación Casa Museo A
Solaina de Piloño, Fundación Casa Museo A
Fundación situada en Piloño (Vila de Cruces). Estableceuse nun antigo casarío restaurado grazas á iniciativa do pintor Francisco Lareo. Ademais de exposicións pitóricas realiza coloquios e obradoiros internacionais de artes plásticas. Reuniu unha colección de artistas galegos dos que destacan Laxeiro, Colmeiro ou Sucasas, así como doutros artistas europeos e americanos.