2 solar

2 solar

(< lat solāre)

    1. adx

      Relativo ou pertencente ao Sol.

    2. adx

      Que procede do Sol.

    3. adx

      Que protexe do Sol.

    4. enerxía solar / [FÍS/METEOR]

      Forma en que se manifesta a actividade do Sol, e que se debe á fusión de núcleos de hidróxeno, segundo o ciclo protón--protón. A enerxía solar, que representa un foco enerxético de 1,779 x 10 11 MW de potencia para a Terra, ademais da utilización que fan dela os vexetais, cáptase e convértese en enerxía eléctrica mediante pilas fotovoltaicas. Unha utilización directa da enerxía solar a baixas temperaturas (860°-120°C) faise cos captadores solares planos que se poden utilizar para a calefacción, en invernadoiros ou desalgado de auga de mar.

    5. sistema solar [ASTRON]

      Conxunto do Sol e dos astros, especialmente os planetas que xiran arredor del e que están sometidos á súa atracción gravitatoria. Os primeiros sistemas astronómicos afirmaban que a Terra era o centro do Universo. No s VI Aristarco suxeriu que era a Terra a que xiraba arredor do Sol, ao igual que os outros astros. Copérnico, no s XVI, resucitou esta hipótese e elaborou o seu sistema en que o Sol era o centro e todos os planetas xiraban arredor del, a Lúa movíase arredor da Terra e que o desprazamento das estrelas era un reflexo do movemento da Terra arredor do seu eixe. Foron propostos varios modelos sobre a orixe do sistema solar: o máis antigo é o de Kant e Laplace (teoría de Kant-Laplace), denominada da nebulosa primitiva que supuña que o sistema solar se orixinara a partir dunha nube de materia interestelar que por algún motivo comezara a contraerse. Dominou durante todo o s XIX, ata que tivo que ser abandonado, xa que apareceron os modelos catastróficos, nos que se supuña a ocorrencia dalgún cataclismo para explicar a orixe do sistema planetario. Pero estes modelos formulaban outros problemas importantes e volveuse ao modelos de tipo nebular. A partir de década de 1960 xurdiu un modelo, debido a H. Alfven e F. Hoyle, en que se resucitaba o primitivo modelo de Kant e Laplace, pero tendo en conta que o gas desta nebulosa se presentaba principalmente en forma de plasma. Ultimamente, as sondas espaciais fotografaron de preto os planetas e descubriron novos satélites e sistemas de aneis.

  1. adx [ANAT]

    Aplícase ao plexo celíaco que está situado diante da aorta, arredor do tronco celíaco e da arteria mesentérica superior.

Palabras veciñas

solapa | solapamento | solapar | 2 solar | 3 solar | solarímetro | solario