solsticio

solsticio

(< lat solstitĭu)

  1. s m [ASTRON]

    Cada un dos puntos da eclíptica para os que o valor da declinación do Sol toma o seu valor máximo ou mínimo. Cando o Sol chega a un destes puntos deixa de aumentar a súa distancia ao ecuador celeste. O solsticio correspondente á máxima separación boreal ten lugar cara ao 21 de xuño, e o correspondente á máxima separación austral ten lugar cara ao 21 ou 22 de decembro. A primeira data marca o comezo do verán no hemisferio norte e corresponde ao solsticio de verán ou punto Cáncer, mentres que a outra data sinala o comezo do inverno e corresponde ao solsticio de inverno ou punto Capricornio. Cando o Sol está no solsticio de verán a Terra pasa polo afelio da súa órbita e cando está no solsticio de inverno pasa polo perihelio. A diferenza de duración entre o día e a noite é máxima nos solsticios. No hemisferio sur as estacións sucédense na orde inversa do hemisferio norte.

  2. liña dos solsticios [ASTRON]

    Liña imaxinaria perpendicular á liña dos equinoccios cuxos puntos de intersección coa eclíptica determinan os solsticios.

Palabras veciñas

solpor | Solsona | solsticial | solsticio | solta | soltable | soltadoiro