solvencia
solvencia
(< lat solvente)
s
f
[ECON]
Indicador da capacidade económica dunha persoa ou entidade social. Referido ás persoas individuais é sinónimo de posesión de bens. Referido a empresas mercantís, relaciónase co seu patrimonio neto e interprétase como un índice da garantía para provedores e acredores cara á cobertura dos seus créditos.