Sombra do aire na herba
Sombra do aire na herba
[LIT]
Obra escrita por Luís Pimentel, publicada postumamente en 1959, que recolle a súa poesía en galego. A escolma foi realizada por Celestino Fernández de la Vega, que recolleu corenta e dous poemas, inéditos ou publicados con anterioridade en xornais ou revistas, ademais da reprodución de Triscos. A súa poética xira ao redor do silencio e a morte, cunha simboloxía sinxela e moi particular, de carácter impresionista, que reforza o intimismo e o existencialismo da súa obra. A maioría dos textos son cancións, aínda que tamén se poden localizar estampas, himnos, oracións ou elexías.