son
(
-
s
m
[FÍS]
Sensación que perciben os órganos auditivos dos animais, debido ao movemento perturbador da presión e a densidade do medio material que os envolve, provocado por unha vibración que se propaga en forma dunha onda sonora. A velocidade de propagación do son depende do medio en que se propaga: en aire a 0°C é de 331 m/s, en auga a 8°C é de 1.435 m/s, e en aceiro é de 5 km/s. A intensidade dun son é a expresión da potencia do son que atravesa a unidade de superficie, e mídese en decibelios. O nivel sonoro considerado como lindeiro de sensibilidade auditiva humana é o provocado polo son de amplitude da vibración superior a 10 7 mm.
-
s
m
[LING]
Conxunto de trazos, tanto pertinentes como non pertinentes desde o punto de vista fonolóxico, que aparecen na realización dun fonema. O son componse de catro parámetros fundamentais: duración, intensidade ou amplitude, ton ou frecuencia e calidade ou timbre.
-
s
m
[METROL]
Unidade de intensidade ou nivel de sensación sonora; ten en conta, polo tanto, a sensación subxectiva. Defínese o son como a intensidade dun son de 1.000 Hz, que é de 40 dB sobre o lindeiro da audición. Resulta, así, 1 son = 40 fons.
-
son pregravado
Interpretación mediante mimo dun rexistro sonoro dunha canción previamente gravada.
Frases feitas
-
A son de/Ao son de Ao lado de.