sonio
sonio
s
m
[FÍS/METROL]
Magnitude S que expresa o nivel de sensación sonora que se produce por un son de intensidade I. Unha primeira aproximación desta medida, baseada na lei de Weber-Fechner, consiste en expresala logaritmicamente en decibelios mediante a relación S = 10 logI/I0, onde I0 é a intensidade límite á frecuencia considerada. Fletcher e Munson trazaron as curvas de igual sensación sonora, que son numeradas tomando como base a frecuencia de 1.000 Hz e como unidade o fon. Outra medida do sonio é o son.