Sons Galiza
Sons Galiza
Empresa discográfica fundada en 1988 por Eloi Caldeiro como un proxecto cultural para a dinamización, edición e difusión da cultura galega a través da música. O primeiro disco que editou foi Lembranza da Auga, do grupo Brath. Creou o certame anual Galiza Sonsfolk, para dar a coñecer o traballo dos novos artistas galegos.