sopa
sopa
(< xerm sŭppa ‘anaco depan empapado nun líquido’)
-
s
f
Anaco de pan empapado no caldo ou noutro líquido nunha comida.
-
[ALIM]
-
s
f
Prato que se adoita servir ao principio das comidas e que está composto dun caldo en que se cocen diferentes ingredientes sólidos, cortados xeralmente en anacos pequenos.
-
sopa xuliana
Sopa que se fai con hortalizas cortadas moi finas.
-
sopas de burro/cabalo cansado
Anacos de pan mollados en viño quente con azucre.
-
sopas de rustrido/rustridas
Sopas de pan con allo.
-
s
f
Frases feitas
-
Coma unha sopa. Moi mollado.
Refráns
- A mellor sopa é a que se fai na boca.
- Auga e pan, sopas na barriga fan.
- Caerse a sopa no mel parece un mal e é un ben.
- Entre a man e a boca corre perigo a sopa.
- Nin sopa de auga nin viño de sopa.
- Sopa en viño non emborracha pero alegra a rapaza.