Sorbonne, La

Sorbonne, La

Establecemento público de ensino superior de París. O centro acolle a École des Chartes e desde 1968 é sede das universidades París I (Panthéon-Sorbonne), París III (Sorbonne nouvelle) e París IV (París-Sorbonne). Fundado en 1257 por Robert de Sorbon, era un simple colexio ou pensionado para mestres e estudantes pobres. Adquiriu rapidamente unha grande influencia e converteuse no centro das deliberacións xerais da facultade de Teoloxía. Foi pechada durante a Revolución Francesa, e en 1802 acolleu os artistas que antes se reunían no Musée du Louvre. En 1821 foi destinada a centro da Université París e a facultade de Teoloxía foi suprimida en 1885.

Palabras veciñas

sorbitol | sorbo | Sorbon, Robert de | Sorbonne, La | sorbosa | Sorbus | sorción