sordina

sordina

(

  1. s f [MÚS]

    Dispositivo que serve para modificar ou diminuír a sonoridade nos instrumentos musicais. Nos de corda é unha peza de madeira, metal ou de corno que se coloca sobre a ponte. Nas trompas e trompetas é un cono que se introduce no pavillón. No piano vertical o pedal do medio serve para interpor un filtro entre os martelos e as cordas.

  2. s f

    Resorte que, nos reloxos provistos de dispositivos auxiliares para sinais acústicos, serve para silencialos.