Soria
Soria
Provincia de Catela e León formada por 184 municipios (10.301 km2; 90.717 h [2001]). A súa capital é Soria. Posúe un hábitat concentrado con numerosos núcleos rurais. A densidade de poboación é moi baixa, 9 h/km2, debido a unha intensa emigración que se iniciou a finais do s XIX. Ademais da capital, os municipios máis poboados son Almazán (5.546 h [2001]), Burgo de Osma (4.877 h [2001]), Ólvega (3.292 h [2001]) e San Esteban de Gormaz (3.301 h [2001]). Na súa economía destaca a explotación forestal e a agricultura, co cultivo de cereais e leguminosas. A industria limítase a produtos agropecuarios e forestais.