Souto de Poio, pazo de

Souto de Poio, pazo de

Construción situada en Portas. De planta rectangular, presenta dúas alturas no seu alzado principal e unha máis no posterior. O conxunto complétase cunha torre con ameas de tres alturas e cuberta a catro augas, un hórreo de oito pés, un pombal circular e unha fonte-lavadoiro.