Soutomaior

Soutomaior
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe galega inaugurada por Payo Méndez Sorrez de Soutomaior , asistente de Afonso VIII na Batalla de Las Navas de Tolosa (1212). Despois de varias xeracións pasou a mans de Fernán Yáñez de Soutomaior e, á súa morte (1440), ao seu fillo Alvar Páez de Soutomaior . Morto sen descendencia, a Casa de Soutomaior pasou á súa tía, Mayor de Soutomaior , casada con Rui Sánchez de Moscoso, de quen descenderon os condes de Altamira. Desde 1472, Pedro Alvárez de Soutomaior , Pedro Madruga, herdou todos os bens da casa, que posteriormente pasaron aos seus descendentes ata Fernán Yáñez de Soutomaior e Lima , que desde 1703 inaugurou o ducado de Sotomayor. A liñaxe trae por armas, en campo de prata, tres faixas axadrezadas de ouro e goles, de catro ordes, cargada cada unha dun cinguideiro de sable. Outro trae, en campo de prata, cinco faixas axadrezadas de ouro e goles, de catro ordes.