Soxhlet, extractor de
Soxhlet, extractor de
[QUÍM]
Aparato para a extracción continua dun sólido mediante un disolvente quente. Consiste nun depósito de vidro, dotado dun sistema para o baleirado automático e un brazo lateral para a circulación dos vapores que proveñen dun matraz fervedor que se encontra na parte inferior do aparato, no seu interior colócase un cartucho de papel poroso que contén o sólido que se quere extraer, de tal xeito que o líquido que se condensa no refrixerante que está na parte superior, pinga nel.