Spathodea
Spathodea
[PLANTA]
Xénero de árbores perennifolias, da familia das bignoniáceas, con follas compostas, imparipinnadas, grosas e opostas, e flores grandes, vistosas e de cor escarlata, dispostas en panículas ou en acios terminais. Son propias de África tropical e empréganse como plantas ornamentais.