Spes

Spes
[PUBLIC]

Revista publicada en Pontevedra a partir do 15 de xuño de 1934. Cesou en decembro de 1962 (nº333). Subtitulouse “Revista mensual. Órgano de la Juventud Católica de Pontevedra” e, desde 1940, “Revista de Acción Católica”. Foi a publicación de carácter relixioso, cultural e literario máis relevante da época en Pontevedra. Estivo dirixida por Gabriel Méndez, ata o seu falecemento, e logo por Xesús Muíños. De tendencia conservadora, saíu mensualmente e apoiou o Franquismo. Tivo varias épocas: ata 1936 caracterizouse pola súa temática relixiosa case en exclusiva e, a partir de 1949, por un certo aperturismo cara á publicación de composicións literarias, por vez primeira en galego, e algúns traballos sobre literatura. A partir de 1950 a apertura foi maior, coa participación de escritores galegos, portugueses e brasileiros.