Sputnik

Sputnik
[COSMON]

Serie de satélites artificiais lanzados pola URSS que tiveron como finalidade desenvolver a tecnoloxía necesaria para aproveitar as posibilidades destes enxeños e obter datos do espazo extraatmosférico e valorar a tolerancia dos mamíferos ás condicións de ingravidez. O Sputnik 1, lanzado o 4 de outubro de 1957 desde a base de Tyuratam, foi o primeiro satélite artificial da Terra e o Sputnik 2, lanzado oa mes seguinte, foi o primeiro en transportar a un ser vivo ao espazo, a cadela Laika. A serie continuou ata 1961.

Palabras veciñas

Sprint Motor | sprint* | Sprung, fórmula de | Sputnik | squash* | squatter* | Squaw Valley