SS
SS
-
s
f
Organización paramilitar e policial do Partido Nacionalista Alemán. Creouse en 1925 como garda persoal de Hitler, e desde 1929 estivo ás ordes de H. Himmler. A partir de 1934, cando, coa eliminación de E. Röhm e da Sturmabteilung (SA), desapareceron os seus rivais máis directos, acadou un notable poder e foille confiada a seguridade do estado e, desde 1939, o control dos territorios ocupados. Colaborou coa Gestapo e contribuíu decisivamente ao fracaso do putsch contra Hitler do 20 de xullo de 1944, a raíz do cal Himmler asumiu o comando das forzas do Terceiro Reich.
-
s
Membro da Schutzstaffel.