Stachys
Stachys
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas, anuais ou perennes, da familia das lamiáceas, con flores de cálice tubular e corola con dous labios, o superior plano e o inferior trilobado. En Galicia son comúns as especies S. arvensis, en terras cultivadas, e S. officinalis e S. sylvatica, en bosques.