stalinismo
stalinismo
(
s
m
[HIST/POLÍT]
Interpretación teórico-práctica do marxismo-leninismo imperante na antiga URSS e dentro dos partidos comunistas ortodoxos durante o goberno de Josif Stalin. O termo tivo unha significación altamente positiva ata a morte deste. Tras o XX Congreso do PCUS (1956) e a desestalinización, xeneralizouse a súa consideración como unha dexeneración burocrática do estado obreiro ruso e da Terceira Internacional. O trotskismo criticou as súas teorías da construción do socialismo nun só país e da revolución por etapas.