Subbéticas, serras

Subbéticas, serras

Grupo de serras do S da Península Ibérica que forman o arco exterior das cordilleiras Béticas, cunha extensión de máis de 500 km, desde Xibraltar ata Alacant. Están formadas polas serras de Parapanda, Mágina, Harana, Cazorla, Segura, Sagra e as serras alacantinas. O grupo de Cazorla, Segura e Sagra constitúe un importante nó hidrográfico, onde nacen o Guadalquivir, o Segura e o Guadalentín.