subordinacionismo
subordinacionismo
(
s
m
[RELIX]
Tendencia teolóxica que establece a subordinación do Fillo respecto do Pai. O subordinacionismo ortodoxo foi defendido por Xustino, Ireneo de Lyon, Clemente de Alexandría e, sobre todo, Oríxenes. Unha forma explícita de subordinacionismo foi defendida por Ario. Atacado por Atanasio, foi condenado no Concilio de Nicea (325). A finais do s IV foi aplicado ao Espírito Santo polos macedonianos.