subsidencia

subsidencia

(< lat subsidentĭa‘sedimento’)

  1. s f [CLIMAT/METEOR]

    Movemento descendente do aire nunha grande extensión que se presenta en situacións anticiclónicas. O movemento é lento e provoca un quentamento do aire.

  2. s f [XEOG]
    1. Afundimento dun sector da superficie terrestre.

    2. Afundimento dunha conca de sedimentación provocada pola acumulación progresiva dos sedimentos, depositados de forma horizontal nun groso de auga non moi grande.

  3. s f [PAT]

    Desaparición gradual dun acceso ou dunha doenza.

Palabras veciñas

subsecuente | subseguir | subsésil | subsidencia | subsidiar | subsidiariedade | subsidiario -ria