substantivo -va
(
-
adx
-
Que existe por si.
-
Que constitúe a esencia dunha cousa.
-
-
[LING]
-
adx
Relativo ou pertencente ao substantivo.
-
s
m
Clase de palabras que denota entidades, sexan seres vivos, cousas inanimadas ou conceptos abstractos. Presentan marcas de xénero (masculino ou feminino) e número (singular ou plural) de seu polo que os artigos, pronomes, adxectivos e verbos teñen que concordar con eles. Funcionan como núcleo da FN, ademais de ser a unidade primaria das funcións oracionais de SUX, CD e CI. En canto que son núcleos da FN, poden ser complementados no seu valor referencial polo artigo e pronomes determinantes e por modificadores. Os substantivos designan primariamente entidades e seres animados e inanimados (flor, foca, esperanza, calor), pero tamén acontecementos, accións, procesos (polo xeral, derivados de verbos: codificación, comunicación) e calidades (polo xeral, derivados de adxectivos: felicidade, solidariedade). Divídense en dúas subcategorías: a dos substantivos (ou nomes) propios e a dos substantivos (ou nomes) comúns.
-
adx